ART. 13. LOPD REGLAMENTO DO CIRCUITO
Os datos por Vde. facilitados serán tratados polo CONCELLO DA CORUÑA, en calidade de Responsable do Tratamento, coa finalidade de xestionar a inscrición, o rexistro e o desenvolvemento das actividades deportivas, tanto individuais como colectivas, así como a xestión administrativa e contable do servizo de organización técnica do “Circuíto Coruña Corre 2026” na cidade da Coruña durante o ano 2026, incluíndo a recollida e difusión da imaxe dos participantes para a promoción do evento.
As bases xurídicas do tratamento son unha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento, ou o consentimento.
Os datos poderán ser comunicados aos medios de comunicación e a través de Internet co seu consentimento para a difusión do “Circuíto Coruña Corre 2026”.
Vde. poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación do tratamento así como á portabilidad de datos, presentando un escrito no Rexistro de Entrada do Concello: Praza de María Pita, 1. 15001, A Coruña ou, na seguinte ligazón https://www.coruna.gal/web/es/detalle/ejercicio-de-derechos-sobre-los-datos-de-caracter-personal/contenido/1453762232714, no seu caso poderá poñerse tamén en contacto coa persoa Delegada de Protección de Datos delegadodeprotecciondedatos@coruna.gal
Así mesmo, en caso de considerar vulnerado o seu dereito á protección de datos persoais, poderá interpoñer unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es). Pode consultar a información adicional detallada sobre o tratamento dos seus datos na seguinte ligazón: www.coruna.gal/descarga/1453792615408/Rexistro_Actividades_Tratamento_Concello_-
A_Coruna_v1_4.pdf